Como plataforma aberta e colaborativa, o EGPA acolle proxectos ou liñas de traballo centrados na edición dixital de textos galegos e portugueses, co obxectivo de visibilizar o esforzo investigador e os resultados producidos por eles, ao tempo que se consegue unha maior integración das iniciativas afíns orientadas a pór en valor o noso patrimonio cultural antigo.