PT | GA | ES | EN

EGPAdoc-0180

Mandamento de sementeira por parte do mosteiro de San Xoán de Poio

Código corpuseRiaPon-0011
Código EGPAEGPAdoc-0180
Data cronológica1287/05/21
LocalidadePontevedra
Entidade relacionadaSan Xoán de Poio
SumárioVarios monxes do mosteiro de San Xoán de Poio fan labrar e sementar de millo miúdo unhas herdades en Encoirados. Ademais, o mosteiro manda a Diego Paiz e a súa muller María Eanes labrar unha herdade en Macenlle, dando ao mosteiro a cuarta parte do millo.
ArquivoArchivo Histórico Nacional
CotaAHN, Clero Secular-Regular, carp. 1860, nº 4
Transcritor/aDaniel Chapela
Editor/a 1Daniel Chapela
Editor/a 2Ricardo Pichel
Revisor/a 1Ricardo Pichel
Revisor/a 2José António Souto Cabo
Revisor/a 3Miguel García-Fernández
Editor/a digitalRicardo Pichel
DocumentalistaMiguel García-Fernández
EdiçõesMaia, Clarinda Azevedo (1986): História do Galego-Português. Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal desde o século XIII ao século XVI. (Com referência à situação do galego moderno). Lisboa: Instituto Nacional de Investigação Científica, pp. 194-195, doc. 103.
ObservaçõesEdición confrontada coa de Maia (1986: 194-195, doc. 103)
LanguageGalego / Português / Galego-português (ss. XIII-XV)

Opciones de visualización

Texto: - Mostrar:


Conoçuda cousa seja a todos que en presença de min, Fernán Anes, notario jurado de Pontevedra, e das testemoyas que aquí en fondo son escritas, a isto especialmente chamadas e rogadas, Joán Martiiz,[1] celareiro, Fernán Pérez, Domingo Fernándiz, Fernán Gonsalves e Gomes Martiiz, monges do moesteiro de Sant Joane de Poio, en nume de don Paai Núnez, abade e do convento do dito moesteiro, lvraron e gradaron por seus homees e cun seus bois e semearon de millo ena herdade que chaman d'Ontrambas Ágoas e a outra herdade que jaz so a viña de Nuno Paaiz d'Encoirados e ena herdadura de Pumar d'Álvaro e ena herdadura que jaz tralo río[2] e ena herdade da Rossa; e estes herdamentos son ena vila d'Encoirados ena fiigresía de San Juyao do Vale. E estes herdamentos sobreditos[3] os sobreditos monges[4] fezéronos lavrar e semear segundo que sobredito é a jur de paz e sen coomia nenuna. Isto fui XXI día de maio, in era CCCª XXV. Que pressentes foron:[5] Martín Pérez, dito Leitón; Joán Pelaiz[6] d'Encoirados, Martín Cervelli, Fernán Anes, germao de Joán Liordo, Joán Núnez, escudeiro; e Estevao Gil, moradores do casal do couto de San Joane de Poio; Pedro Pérez de Reeda, Pedro Pérez do Valiño e Pedro Martiiz[7] de Liñares, moradores no dito couto.

Item en presença de min, Fernán Iohanis, notario sobredito, e das testemoyas en fondo escritas, Joán Martiiz, Fernán Pérez e Domingo Fernández, monges do moesteiro de Sant Joane de Poio, en nume[8] e in voz de don Paai Núnez, abade, e do convento desse moesteiro, foron aa vila de Massaelle, que he ena fiigresía de San Juyao do Vale, e mandaron a Diago Paayz de Massaelle e a súa moller María Iohanis que lavrassem polo abade e polo convento sobreditos aquela herdade de Massaelle, a qual herdade fora ja divizada e departida por[9] homees boos e por mandado de frei Martiño, graneiro da graña de Marín, segundo que he contiúdo in uum escrito feito por min, notario sobredito, e confirmado por don Joán Fernández, chantre de Tui, juíz delegado do señor papa. E entón Diago Paaiz e súa moller, sobreditos, disseron e outorgaron que lavravan esse herdamento polo abade e polo convento sobreditos e cun Joán Martiiz, celareiro sobredito, que lli desse a meadade e que eles que lli darían a quarta do millo que Deus y desse Entón en presença de min, notario sobredito, Joán Martiiz para a semente uum almude de millo, e eles receberon pola meadade da semente.

Isto fui in Massaelli, ena era e eno quotum sobreditos. E foron presentes: Fernán Pérez, clérigo prevedo de San Juyao do Vali, Martín Pelaiz de Redondo, Joán Vidal e Joán Pelaiz das Figueiras e Pedro Martiiz de Liñares do couto de San Joane de Poio.

Eu, Fernán Anes, notario sobredito, a isto presente fui e confirmo,[10] e meu sinal y poño e de meu mandado Pedro Núnez, clérigo, escreveu.

Eu, Pedro Núnez, clérigo, de mandado de Fernán Iohanis, notario sobredito, escreví.


Download XMLDownload text