PT | GA | ES | EN

EGPAdoc-0017

Venda de María Rodríguez dunha viña a Mariña Rodríguez, monxa de Sobrado de Trives

Localidade1299/01/18
Entidade relacionadaSobrado de Trives (San Salvador de)
SumárioA viúva María Rodríguez, con outorgamento da abadesa de San Salvador de Sobrado de Trives dona Sancha Rodríguez, vende a Mariña Rodríguez, monxa deste mosteiro, unha viña no lugar de Arcos, xunto ao río de Retorta.
ArquivoArquivo de San Paio de Antealtares
CotaASPA, Pergaminos, Cajón 4, Mazo 2-A, nº 47
Transcritor/aMiguel García-Fernández
Editor/a 1Miguel García-Fernández
Editor/a 2Ricardo Pichel
Editor/a digitalRicardo Pichel

Ver opcións

Texto: - Mostrar:


Era de mil e CCC e XXXVII anos, XVIII días de janeiro. Sábean quantos esta carta viren como eu, María Rodríguez, muller que foí de Joán [1], e con outorgamento de dona Sancha Rodríguez, abadessa de Sobrado de Trives, vendo e outorgo a vós, Mariña Rodríguez, monja de Sobrado, e a toda vossa voz por sempre a mía viña que eu ei que está eno lugar que dizen o Río, a qual viña foi de Pedro Iohannis de Camba, como parte en cima cona viña que foi de Domingo Sirgo e en fondo cono río da Retorta, e do outro cabo cona viña de Pedro Sánchez de San Martiño e ende lado cona viña de María Pérez, filla de Tereija Domínguez, con súas pertenças e dereitos[2] por estos términos[3], que está su sino[4] de San Salvador de Sobrado, por preço nomeado que de vós recebí em diñeiros feitos e contados C moravedís da moeda da guerra, de que me outorgo por mui ben pagada. E outorgo por min e por todos meus beens, gaanados e por gaanar, que vos ampare con esta viña sobredita a todo tempo a dereito. Et quen contra esta carta quiser passar peite en pẽa C moravedís da bõa moeda, os meos á voz del rei e os meos á parte querelossa; e esta carta vala e estía sempre firme. Que presentes foron por testemuyas desta carta chamadas e rogadas: Martín Fernández e Fernán Jullãez e Per'Eanes, clérigos de Sobrado; Joán Martiz, outrossí clérigo; Nuno Pérez, escriván. E eu, Apariço Iohannis, notario público del rei don Fernando en terra de Caldelas e de Trives, que presente foí e esta carta escriví por mandado de María Rodríguez sobredita e con outorgamento da sobredita abadessa, e meu sinal y fiz en testemuyo de verdade.

Transferir XMLTransferir texto