PT | GA | ES | EN

EGPAdoc-0030

Foro de dona María Fernández, abadesa de San Pedro de Ramirás, ao cabaleiro Ares Pérez e á súa muller Elvira Aras.

Localidade1274/06/15
Entidade relacionadaRamirás (San Pedro de)
SumárioMaría Fernández, ona de San Pedro de Ramirás, e a comunidade monástica aforan ao cabaleiro Ares Pérez, chamado “Gingra”, á súa muller Elvira Aras e a un dos seus fillos ou fillas todos os bens do mosteiro sitos nas parroquias de San Adrián de Vieite e San Cristovo de Ribadavia por unha renda de cen soldos anuais o primeiro receptor do foro e centro trinta os seguintes.
ArquivoArquivo de San Paio de Antealtares
CotaASPA, Pergamiños, Caixón 5, Mazo 1C, nº 50
Transcritor/aMiguel García-Fernández
Editor/a 1Miguel García-Fernández
Editor/a 2Ricardo Pichel
Editor/a digitalRicardo Pichel

Ver opcións

Texto: - Mostrar:


Conuçuda cousa sea a quantos esta carta viren que eu, dona María Fernández, IIIª ona en Ramiraes, e ou convento desse logar damos e outorgamos a vós, Aras Pérez, cavaleiro de Beite, dictu Gingra, e a vossa moller Eldara Aras, e uu fillu e[1] ou filla que ambos ouverdes de consuu[2] e a outro non, o qual numeardes o postremeiro de vós á súa morte; e se o non numeardes, o fillu ou filla que maior for que ambos ouverdes, e se non ouverdes ambos desuu máis duu fillu ou una filla, avelos en súa vida tanto tódolos herdamentos que o mosteiro sobredito á en toda a fleegresía de Santo Adrão de Beite e na flegresía de San Cristóvao de Ribadavia e en todos seus términus[3] a monte e ad fonte de parte de dona[4] Orraca rez[5], e cassas, viñas, árvores, terras, possessiões, pertẽezas, derecturas que a nós y pertenecen e pertenecer deven da sobredita dona[6] Orraca Oárez, as quaes teedes vós ora de jur e de poder, e máis se máis tirardes en aquestes[7] logares, per tal preito que lavredes ben os ditos herdamentos e proveitedes como non defalescan per lavor, e dedes ende cada ano ao moesteiro sobreditu en vida de vós, Aras Pérez, tanto C soldos; e á vosa morte esa Eldara Aras, e ou voso fillo e ou vosa filla se ficar pus vós, CXXX[8] soldos per[9] día de San Martĩo de diñeiros alfonsiis brancos mentre correren, e non per outra contía, e des que non correren den doutra moeda qual correr máis usada, que vala un diñeiro una diñeirada. E se pela ventura acaezer[10] que moirades estintos que fillo e ou filla non ajades ambos desuu ao[11] tempo da morte do postremeiro de vós, estes herdamentos[12] e cousas sobreditas que vos damos, así como dito est, fiquen ao mosteiro sobreditu livres e quites en paz, salv'os froitos e as novidades que ende levardes. E demais o mosteiro ja desusu dito receba estes herdamentos per súa octoridade, e destes a nós[13] dé rogo per aquesto DCC soldos alfonsiis, os quaes outorgamos ja aver en nosso jur. E quen este preito britar pecte á outra parte CCC moravedís, e a carta estía en súa revor. Era CCXIIª anos, XV días andados do mes de juniu. Don Alfonso, regnante en León e en Castela; don Joán Díat, bispo en Ourense; don Joán Fernández, tenente Milmanda; o concello de Milmanda, tenente terra de Santa Crut; don Martiñu[14], abade en Celanova.

Testemoyas: Joán Fernández, presbiter; Gonzalo Pérez, presbiter; Joán Martiiz, presbiter; Fernán López, presbiter; Joán Domínguelez[15], presbiter; Pedro Muogo[16], presbiter; Meen Fernández, presbiter; Pedro Peláez, presbiter; Lopo Pérez, clerico; Afonso Eanes, clerico; Pedro Eanes, clerico.

Touquenegras: Tareija Suáret, Tareija Rodríguelez[17], Tareija Díat, dona Esteveína, Mariña Rodríguelez, María Pedreira, Orraca Sánchez, Einés Lourenza, María Rodríguelez, María Fernández, Tareija Rodríguez.

Ego, Joán Gonzálvet, póbrico notariu de Ramiraes, que a escriví e poño en ela meu sinal.


Transferir XMLTransferir texto