e-ASPA | Edición dixital do patrimonio documental medieval do Arquivo de San Paio de Antealtares
Rexistrei o arquivo das monxas de San Pelaio ou San Paio e entrei dentro dúas veces.
A meirande parte dos pergameos, que son moitos, están en galego
Frei Martín Sarmiento
(Agís Villaverde 201: 73, 92)
O proxecto e-ASPA constitúe un punto de chegada e converxencia dun conxunto de iniciativas, iniciadas hai máis dunha década, de edición e estudo histórico e filolóxico arredor do valioso patrimonio documental que se custodia actualmente no Arquivo de San Paio de Antealtares (Santiago de Compostela), constituído, polo que respecta ao fondo medieval, por máis de 1300 pergamiños datados de entre os séculos IX ao XVI (Buján Rodríguez 1996, 2002).
Tras o proceso de refundación de Antealtares como comunidade bieita feminina en 1499, San Paio foise consolidando como unha destacada institución feminina cun amplo dominio territorial e xurisdicional, herdeira directa dos patrimonios –e, consecuentemente dos arquivos documentais– dun conxunto de mosteiros medievais –maioritariamente femininos– que, no marco da reforma monástica impulsada polos Reis Católicos, acabaran por ser suprimidos e anexados como priorados na nova comunidade de monxas bieitas. As numerosas posesións, vinculadas a estes priorados, que pasaron a xestionar as relixiosas de San Paio localizábanse por todo o territorio galego, en máis de 300 parroquias espalladas polas catro provincias, aínda que gran parte delas se concentraban en diversas áreas da ribeira do Miño entre as provincias de Lugo e Ourense:
-
- San Miguel das Negradas (O Vicedo, Lugo)
- San Xiao de Lobios (Sober, Lugo)
- San Pedro de Vilanova de Dozón (Dozón, Pontevedra)
- San Fiz de Cangas (Pantón, Lugo)
- San Xoán da Cova (Carballedo, Lugo)
- Santo Estevo de Chouzán (Carballedo, Lugo)
- Santa María de Pesqueiras (Chantada, Lugo)
- San Pedro de Ansemil (Silleda, Pontevedra)
- Santo André de Órrea (Agorada, Pontevedra)
- San Salvador de Albeos (Crecente, Pontevedra)
- San Pedro de Lobás (O Carballiño, Ourense)
- San Pedro de Ramirás (Ramirás, Ourense)
- San Salvador de Sobrado de Trives (A Pobra de Trives, Ourense)
- San Miguel de Eiré (Pantón, Lugo)
- San Mamede de Seavia (Coristanco, A Coruña)
- San Salvador de Camanzo (Vila de Cruces, Pontevedra)
Entre os fondos documentais que custodia actualmente o Arquivo de San Paio de Antealtares, tamén se encontran outras coleccións alleas á institución, como a colección de pergamiños medievais e outros papeis modernos do mosteiro asturiano de San Salvador de Corniana (Buján Rodríguez 1996: 331-380; Fernández de Viana y Vieites 1981). Así mesmo, consérvanse algúns documentos da etapa de Antealtares como mosteiro medieval masculino, así como doutros mosteiros cos que nalgún momento se estabeleceu algún tipo de relación, como San Salvador de Celanova.
A maior parte da documentación xerada por todos estes priorados consérvase hoxe en día no propio Arquivo de San Paio de Antealtares. Porén, algúns documentos –tanto medievais como posteriores– que formaron parte do arquivo das bieitas compostelás durante a Idade Moderna acabaron por enriquecer os fondos documentais doutras institucións de dentro e fóra de Galicia, como o Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS), o Arquivo da Fundación Penzol (AFP), o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) ou o Archivo Histórico Nacional de Madrid (AHN). Todos estes fondos, comezando polo milleiro de pezas documentais atesouradas no convento compostelán, están sendo obxecto de multiedición dixital no proxecto e-ASPA, no que, ademais de ofrecer o texto e a imaxe de cada documento, tamén se recupera o seu contexto histórico e bibliográfico principal, dando noticia contrastada das transcricións e estudos xa existentes.
A reanudación desta iniciativa xorde da colaboración entre os proxectos “HERES. Patrimonio textual ibérico y novohispano. Recuperación y memoria”, dirixido por R. Pichel (Universidad de Alcalá; 2019-2023), e "PTGM. Patrimonio textual na Galicia medieval: prosa documental e literaria”, coordinado por X. Varela Barreiro (Instituto da Lingua Galega, USC; 2021-24), e nútrese do proxecto de "Dixitalización do fondo antigo do Arquivo de San Paio de Antealtares”, emprendido por R. Pichel entre 2012 e 2013, e financiado pola Deputación da Coruña co apoio do Consorcio de Santiago.
Sirva este iniciativa, non só como punto de chegada, mais tamén como punto de partida que contribúa, por un lado, a proxectar e pór en valor o tesouro patrimonial custodiado en Antealtares, e por outro, a honrar a memoria da que durante máis de medio século foi a súa arquiveira, María Mercedes Buján Rodríguez (1928-2022), "sor Mercediñas" para moitos dos que alí medramos como investigadores, cuxo legado e incombustíbel vocación nunca esqueceremos.
Equipo de traballo
Dirección
- Ricardo Pichel (Universidad de Alcalá / Universidade de Santiago de Compostela, Instituto da Lingua Galega)
- Miguel García-Fernández (Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, CSIC-Xunta de Galicia)
Equipo de investigación e colaboración:
Como citar
Pichel, Ricardo / García-Fernández, Miguel (dirs.) (2022-): e-ASPA. Edición dixital do patrimonio documental medieval de San Paio de Antealtares. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Instituto da Lingua Galega / Mosteiro de San Paio de Antealtares.
Referencias bibliográficas
Bibliografía citada:
Bibliografía asociada ao proxecto:
- García-Fernández, Miguel (2023): "La documentación medieval de San Salvador de Sobrado de Trives: estado de la cuestión y propuestas de futuro". en Rúben Filipe Teixeira da Conceição, Luis Manuel Ibáñez Beltrán, Manuel Negri e Amalia Pérez Valiño (eds.), E fazian fondamentos. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 29-54.
- García-Fernández, Miguel (2021): "As mulleres da «Ribeira Sacra» na Idade Media. As relixiosas da Cova e Chouzán e outras mulleres da contorna". Conferencia impartida o 26 de xuño de 2021na Oficina de Turismo de Castro (Carballedo), organizada pola Asociación de Veciños de Castro de Carballedo, coa colaboración da Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada.
- García-Fernández, Miguel (2020): "Presencia y participación social de las mujeres medievales en torno al monasterio femenino de Sobrado de Trives: una aproximación a través de su patrimonio documental (siglos XII-XVI)". Comunicación presentada o 14 de setembro de 2020 no IV Congreso Internacional «El monacato femenino en América y la península ibérica" (14-18/09/2020), sesión "El monacato femenino medieval". León: Universidad de León.
- García-Fernández, Miguel (2020): "O mosteiro feminino de Sobrado de Trives na Idade Media: novas descubertas documentais para seguirmos reconstruíndo a súa historia", en O SIL. Especial Nadal (decembro 2020). p. 40.
- García-Fernández, Miguel (2019): "Señoras e campesiñas na Idade Media trivesa. Unha aproximación á nosa historia". Conferencia impartida o 8 de marzo de 2019 no auditorio Julio Vázquez, organizada polo Concello da Pobra de Trives (Ourense).
- García-Fernández, Miguel (2014): "La proyección del monasterio femenino de San Salvador de Sobrado de Trives sobre su entorno: relaciones sociales, económicas y de poder", en Ana Cunha, Olímpia Pinto e Raquel de Oliveira Martins (coords.), Paisagens e Poderes no Medievo Ibérico. Actas do I Encontro Ibérico de Jovens Investigadores em Estudos Medievais. Arqueologia, História e Património. Braga: CITCEM, pp. 307-335.
- García-Fernández, Miguel (2014): "Abadesas de Sobrado de Trives. Mulleres no exercicio do poder público, social e económico na Galicia medieval", en Álbum de mulleres, culturagalega.gal. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
- Pichel, Ricardo (2013): "Proyecto de digitalización y multiedición del fondo antiguo del Archivo Histórico de San Paio de Antealtares (Santiago de Compostela)". Comunicación presentada no "Tercer Congreso Internacional Tradición e Innovación. Nuevas perspectivas para la edición, la investigación y el estudio de documentos antiguos" (Rede Internacional CHARTA, xuño 2013). Salamanca: Universidad de Salamanca.
- Pichel, Ricardo / Buján Rodríguez, María Mercedes (2012): "A comunidade bieita de San Paio de Antealtares no séc. XV. Un caderno de contas inédito en galego (1455-1465)", en Rafael Marín López (coord.), Homenaje al Profesor Dr. D. José Ignacio Fernández de Viana y Vieites. Granada: Universidad de Granada, pp. 421-438.
- Pichel, Ricardo (2009): Fundación e primeiros séculos do mosteiro bieito de Santo Estevo de Chouzán (sécs. IX-XIII). Edición da colección documental. A Coruña: Toxosoutos (col. Trivium, Hª Medieval, nº 36), 340 pp. ISBN: 9788492792108.
- Pichel, Ricardo (2009): "A documentación medieval do mosterio de Santa María de Pesqueiras (sécs. XIII-XIV)", en Raquel Casal García, José Miguel Andrade Cernadas e Roberto Javier López López (coords.), Galicia Monástica. Estudos en lembranza da profesora María José Portela Silva. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 61-78.
- Pichel, Ricardo (2008): "O mosteiro de San Salvador de Sobrado de Trives: primeira documentación romance (1255-1271)", Murguía: revista galega de historia 15-16, pp. 47-74.
- Pichel, Ricardo (2008): "A habilitación do romance na documentación do mosteiro de Sto. Estevo de Chouzán (Lugo)", en Esther Corral Díaz, Lydia Fontoira Surís e Eduardo Moscoso Mato (coords.), "A mi dizen quantos amigos ey". Homenaxe ao profesor Xosé Luís Couceiro. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 479-493.