PT | GA | ES | EN

EdCaTui | Edición dixital dos protocolos notariais de Joán Rodríguez (Catedral de Tui, 1413-1442)

O proxecto EdCaTui desenvólvese no ámbito da Universidade de Santiago de Compostela e ten por obxectivo principal a edición dixital dos protocolos notariais de Joán Rodríguez, datados a comezos do século XV (entre 1413 e 1442) e conservados no Arquivo da Catedral de Tui (Pontevedra, ACT, caixas 1003, nº 2 e 1004, nº 1). Trátase, polo tanto, dun grupo de documentos producidos polo notario tudense Joán Rodríguez, en que se reflicten asuntos relacionados principalmente coa compravenda e o aforamento de propiedades.

Nunha primeira fase de traballo, este proxecto ten por obxectivo principal realizar un primeiro achegamento aos referidos protocolos. Para iso, seleccionouse un subcorpus de estudo, caracterizado por un conxunto senlleiro de instrumentos que reflictan a intervención da muller nos asuntos inmobiliarios, principalmente nos foros. Unha vez escollidos estes textos, procédese á súa edición dixital e posterior estudo e análise ecdótica. Ademais, investíganse as súas posíbeis conexións estabelecidas coa produción emanada doutros escritorios da zona daquel tempo, con especial atención a textos como o Tratado de alveitaría (BITAGAP texid 6106) ou as Glosas de Vasco Lourenzo de Tui (BITAGAP manid 4094). Así pois, supón un primeiro chanzo dentro dun proxecto de investigación máis amplo, que consistiría na edición e análise do conxunto deses protocolos notariais tudenses de principios do XV.

Equipo de traballo

  • Investigador principal:
    • Brais Costas Fragueiro (Universidade de Santiago de Compostela)
  • Orientador principal:
  • Orientadores auxiliares:

Financiamento e marco institucional

Este proxecto é financiado polo Ministerio de Educación y Formación Profesional, na convocatoria 2022-2023, mediante unha bolsa de colaboración no Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

Como citar

Costas Fragueiro, Brais (2022-23): EdCaTui. Edición dixital dos protocolos notariais de Joán Rodríguez (Catedral de Tui, 1413-1442). En Escritorio Galego-Portugués Antigo. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

Bibliografía

  • Astray Suárez, Inés (1981): La renta dominical del Cabildo de la Catedral de Tuy en el segundo cuarto del siglo XV. Tese de licenciatura inédita. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2 vols.
  • Ávila y la Cueva, Francisco (1852 [ed. facs. 1995]): Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 4 vols.
  • Corrales Lorenzo, Mercedes (1981): Estudio de la producción agraria a través de los protocolos de la Catedral de Tuy en la primera mitad del siglo XV (1426-1448). Tese de licenciatura inédita. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2 vols.
  • Deaño Gamallo, Carlos A. (1981): El mundo urbano de Tuy en la primera mitad del siglo XV. Tese de licenciatura inédita. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
  • Pichel, Ricardo; Marina Aurora Garzón Fernández, Tania Vázquez García e Miguel García-Fernández; Esther Corral Díaz e Ricardo Pichel (coords.) (2020): Guía para o estudo da prosa galega medieval. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia.
  • Portela Silva, Ermelindo (1976): La región del Obispado de Tuy en los siglos XII a XV. Una sociedad en la expansión y en la crisis. Santiago de Compostela: El Eco Franciscano.
  • Posada, María de Guadalupe (1968): Documentos del notario Pedro de Lagea para la Catedral de Tuy. Tese de licenciatura inédita. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
  • Saavedra Carballido, María Jesús (1982): El urbanismo de Tuy en la primera mitad del siglo XV. Tese de licenciatura inédita. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
  • Sánchez Carrera, María del Carmen (1997): El Bajo Miño en el siglo XV. El espacio y los hombres. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
  • Vila, Suso (2001): Tui e Valença nos séculos XI a XV: os acontecementos históricos, sociais, artísticos e económicos. Tui: Asociación Amigos da Catedral de Tui.
  • Vila, Suso (2009): A cidade de Tui durante a Baixa Idade Media. Noia: Toxosoutos.