PT | GA | ES | ENAcesso

CORESGAL | Corpus de espontáneas de Galicia

O Corpus de espontáneas de Galicia é un corpus documental conformado pola multiedición dos «espontaneos» ou «espontáneas» da Galicia moderna e decimonónica, isto é, un tipo documental no que se deixaba constancia dunha práctica xurídica que implicaba que as mulleres declaraban ante notario ou ante as autoridades públicas os seus embarazos froito de relacións afectivo-sexuais á marxe do matrimonio. O seu obxectivo era procurar a benevolencia do sistema para, desta forma, evitar ser reprimidas ou castigadas polas autoridades. Pola súa banda, algúns autores como Francisco Somoza de Monsoriu, na obra Estorvos i remedios de la riqueza de Galicia (1775), deixaron constancia da promoción desta práctica co obxectivo de garantir "la precisa conservación del fruto porque muchas de estas mugeres para no hacer públicos sus deslices o porque les faltan los haveres para las comunes gratificaciones emprenden la tragedia más detestable", é dicir, o aborto. Con testemuños localizados nas catro provincias galegas, o corpus ofrece documentos tanto previamente editados como inéditos co obxectivo de conformar un repertorio o máis completo posible para avanzar no estudo deste tipo documental e desta práctica social e xurídica.

Equipo de traballo

Como citar

García-Fernández, Miguel (dir.) (2020-): Corpus de espontáneas de Galicia. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela.

Bibliografía asociada ao proxecto