Menú principal Powered by <TEI:TOK> |
EGPA | Escritorio Galego-Portugués AntigoO EGPA concíbese como unha plataforma aberta e colaborativa que permite a consulta de diferentes corpus e repositorios textuais centrados na produción escrita vinculada a Galiza, Portugal e Brasil nas súas etapas históricas desde a Plena Idade Media até o século XIX (e comezos do XX). O EGPA está integrado por dous grandes conxuntos textuais: fontes arquivísticas documentais (EGPAdoc) e textos literarios (EGPAlit); todos eles transcritos ex novo polo equipo investigador e colaborador do proxecto de acordo co fluxo de traballo e os principios metodolóxicos da multiedición dixital. Neste sentido, o acceso múltiplo aos textos integrados no EGPA pódese facer de diferentes maneiras:
A plataforma EGPA é o resultado dun proceso de investigación iniciado en 2007 no seo do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela) centrado na transcrición paleográfica de textos medievais −documentais e literarios− galegos. En 2015 abriuse un repositorio dixital −COTAGAL (Corpus de Textos Antigos de Galiza)−, de uso restrinxido, para aloxar os textos transcritos e progresivamente editados e preparar a etiquetaxe en XML-TEI. Desde 2019 abriuse o proxecto á colaboración externa, iniciáronse os traballos de conversión e migración á plataforma TEITOK e decidiuse integrar a edición de textos de orixe portuguesa; iniciativa da que xurdiu o EGPA, plataforma irmá e complementaria a do CGPA (Corpus Galego-Portugués Antigo). Actualmente, o EGPA desenvólvese no marco de dous proxectos de investigación vinculados ás universidades de Alcalá e Santiago de Compostela:
O EGPA colabora con outras universidades, redes e centros de investigación, entre outros, a Universidade da Coruña (grupo ILLA), o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia), o grupo GITHE (Universidade de Alcalá), a Universidade do Porto (grupo SMELPS, proxecto MELE), a Rede Internacional CHARTA (coord. Universidade de Alcalá), PhiloBiblon (BITAGAP e BETA), a Universidade de Salamanca (IEMYRhd, proxecto LEHIAL), a Universidade de Valladolid (proxecto 7PartidasDigital) ou a Universidade de Lisboa (FLUL).
|