7PDgp | Edición dixital das Sete Partidas na Galiza e Portugal

"Aqui sse começa a primeyra partida que fez o bem auenturado e moy nobre dom Affonsso...". Así comeza a tradución galego-portuguesa da Primeira Partida de Afonso X o Sabio, conservada nunha manuscrito alcobacense da segunda metade do século XIV (BNP Alc. 463; BITAGAP manid 1144).

7PDgp é un proxecto en andamento que ofrece un corpus textual conformado por todos os testemuños coñecidos que transmiten a recepción e tradución galego-portuguesa das Sete Partidas do Rei Sabio. Como repositorio textual xurídico-literario, enmárcase na liña de actuación PALMEGAP (Patrimonio Literario Medieval de Galiza e Portugal. Sécs. XIII-XVI) compartillada polos proxectos HERES (UAH) e PTGM (USC-ILG), en colaboración co proxecto 7PartidasDigital (Universidad de Valladolid) e PhiloBiblon-BITAGAP (coord. University of California). Xunto coa información contextual de cada un dos manuscritos, que permitirá profundar no coñecemento da difusión e uso xurídico das Partidas no seo da sociedade baixomedieval ibérica, ofrecénse as transcricións paleográficas e, de maneira progresiva, a edición crítica dos testemuños galegos e portugueses conservados, tendo en conta, ademais, a variación lingüística e textual do conxunto da tradición ibérica das Sete Partidas.

Como citar

Pichel, Ricardo e Harvey L. Sharrer (dirs. e coords.); José Domingues, Miguel García-Fernández e Pedro Pinto (coords.) (2022-): 7PDgp. Edição digital das Sete Partidas na Galiza e Portugal / Edición dixital das Sete Partidas na Galiza e Portugal. Alcalá de Henares / Santiago de Compostela: Universidad de Alcalá / Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela.

Apoio económico e institucional

O corpus 7PDgp desenvólvese no marco de dous proxectos de investigación vinculados ás universidades de Alcalá e Santiago de Compostela:

  • HERES "HERES: patrimonio textual panibérico. Recuperación y memoria", Universidad de Alcalá (Comunidad de Madrid, Ref. CM/2018-T1/HUM-10230 e CM/2022-5A/HUM-24226), Período: 2019-2024, IP: Ricardo Pichel.
  • PTGM "Patrimonio textual na Galicia medieval: prosa documental e literaria”, Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela (Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Ref. 2021-CP037), periodo: 2021-2024, coords.: Eduardo Moscoso Mato, Ramón Mariño Paz, Ricardo Pichel e Xavier Varela Barreiro.

7PDgp colabora estreitamente co proxecto 7PartidasDigital (Universidad de Valladolid) e con PhiloBiblon-BITAGAP (coord. University of California)