Edição digital das Sete Partidas na Galiza e Portugal
PT | GA
Menu principal Powered by <TEI:TOK> Integrado em
|
NavegadorTradicións textuais e manuscritasEsta sección fornece unha lista actualizada dos textos e testemuños que transmiten a tradución galego-portuguesa medieval das Sete Partidas de Afonso X, incluíndo todos os manuscritos coñecidos (códices e fragmentos) producidos na Galiza e en Portugal desde finais do século XIII até o XVI. O equipo de investigación de 7PDgp está a traballar na progresiva transcrición, edición e codificación dixital de todos os testemuños conservados (véxase Táboa). No menú despregrábel distínguense os textos e manuscritos vinculados ao espazo xeográfico-cultural galego (Gal.) e portugués (Ptg.), sendo posíbel consultar de cada ítem a información dos testemuños preservados, xuntamente coa referencia catalográfica da BITAGAP e doutras bases de datos, ben como a bibliografía de referencia (incluídas as edicións existentes) e a reprodución facsimilar cando é posíbel. Para ampliar a información fornecida aquí, pódese consultar a orientación bibliográfica accesíbel neste sitio web (unha panorámica xeral en Domingues 2021, Pichel 2021 e GEPGM) e BITAGAP (texid 14545). Para a tradición castelá véxase Fradejas Rueda 2021, 7PartidasDigital e BETA (texid 1029); para a tradición catalá véxase Avenoza 2021 e BITECA (texid 1031 e 11418). Primeira partida [Gal.] [BITAGAP texid 1214]
Primeira partida [Ptg.] [BITAGAP texid 1132]
Segunda partida [Ptg.] [BITAGAP texid 1133]
Terceira partida [Gal.] [BITAGAP texid 1215]
Terceira partida [Ptg.] [BITAGAP texid 1134]
Cuarta partida [Gal.] [BITAGAP texid 1211]
Cuarta partida [Ptg.] [BITAGAP texid 16130]
Quinta partida [Gal.] [BITAGAP texid XXX]
Quinta partida [Ptg.] [BITAGAP texid XXX]
Sexta partida [Gal.] [BITAGAP texid XXX]
Sexta partida [Ptg.] [BITAGAP texid XXX]
Sétima partida [Gal.] [BITAGAP texid XXX]
Sétima partida [Ptg.] [BITAGAP texid XXX]
|