EGPAdoc-0038

Permuta do mosteiro de Camanzo co mercador Gonzalo Rodeiro

Data tópica1409/8/26
Entidade relacionadaCamanzo (San Salvador de)
ResumoO abade Rodrigo Afonso e a comunidade de San Salvador Camanzo trocan con Gonzalo Rodeiro, mercador, veciño de Santiago, a metade do casal e herdade que o mosteiro ten en Obra, freguesía de San Breixo de Foxás, pola metade do casal que Gonzalo tiña en San Pedro de Añobre.
RepositorioArquivo de San Paio de Antealtares
IdentificadorASPA, Pergamiños, Caixón 1, Mazo 3, nº 29
TranscritorRicardo Pichel
EditorRicardo Pichel
Editor 2Miguel García-Fernández
Editor dixitalRicardo Pichel

Ver opcións

Texto: - Mostrar:


Enno ano da nacença de noso señor Jesucristo de mil e quatrocentos e nove anos, viinte[1] e seis días do mes d'agosto. Sabeam todos que nós, Rodrigo Afonso, abade do moesteiro de Sam Salvador de Camanço, que he sito enno arcidiagado de Cornado, e Gonçalvo Fernandes, prior do dito moesteiro, e Gonçalvo Fernandes, Fernam Eanes e García Freire e frei Juam,[2] monjes do dito moesteiro, seendo juntados em noso cabídoo, dentro enno dito moesteiro, por tangemento de campãa segundo que avemos de custume, veendo e considerando que esto adeante contiúdo he feito em prol do dito moesteiro, e sóbrelo qual ouvemos noso trautado solene juntados em concordia, por ende por nós e por nosos sucesores damos e outorgamos em concámbeo e por razom de concámbeo a vós, Gonçalvo Rodeiro, mercador viziño da cidade de Santiago, e a todas vosas vozes, para que sejam vosos bẽes d'aquí en deante para todo sempre, convem a saber, a meadade do noso casal e herdade que avemos e nos perteece enna vila da Obra que chamam d'As Donas, que he enna friiguesía de Sam Bréixome de Foigãas, enno qual casal por nós e por voso padre Juam Rodeiro que foi, soía morar Juam Fernandes, fillo de Fernam Peres, o qual casal agora está hermo, do qual casal a outra meadade a vós perteece por parte do dito voso padre Juam Rodeiro, e gaanças que del fezestes com vosas irmãas Costança Eanes e María Afonso, freira de Coonjo. E dámosvos a dita meadade do dito casal d'As Donas e outra maior parte e quiñom, se nós em el perteece, com todos seus herdamentos, casas e casares[3] e chantados que lle perteecem e perteecer devem, segundo que as teverom e pesoírom por nós e porlo dito moesteiro o dito voso padre Juam Rodeiro, e segundo que teverom as ditas herdades e chantados e casas máis compridamente os outros tẽedores que forom que os teverom e pesoírom porlo dito moesteiro atá aquí. E d'aquí en deante vós e vosas vozes façades dos ditos herdamentos e casas e chantados e de parte deles toda vosa voontade como de vosa cousa propia todo jur, señorío, posisom e propiadade, abçom e dereito que nós e nosos sucesores avemos e nos perteece ennos ditos herdamentos, casas e chantados e em parte deles de nós e de nosos sucesores; e tiramos e tollemos e em vós, o dito Gonçalvo Rodeiro, e em vosas vozes o poemos e trespasamos por este público estromento. E eu, o dito Gonçalvo Rodeiro, que presente sõo, así o outorgo e recebo, e por esto dou a vós, o dito abade e convento, enno dito concámbeo e por razom de concámbeo, convem a saber, o meu casal e herdade que está enna friiguesía de Sam Pedro d'Añovre com súas herdades, casas e chantados, segundo que o ora tem e lavra por mim Juam Alegre, para que façades del e de parte del todas vosas voontades como de vosa cousa propia para sempre. E sobr'esto nós, as ditas partes e cada ũu de nós, renunciamos a toda exençom que nunca d'elo digamos o contrario, e a lei d'engano[4] e de ingretidũu e de pidir beneficio de restituiçom in integrum, que o nom digamos nem aleguemos em juízo nem fora del; e se o diséremos ou alegáremos, que nos nom valla. E prometemos e outorgamos que ũa parte de nós á outra faça são e de paz o dito concámbeo segundo que o cada leva, e com que fica por nós e por nosos bẽes e so a pena adeante contiúda. E veendo nós, o dito abade e prior e convento, por que esto he prol do dito moesteiro, rogamos e pidimos por mercee[5] a noso señor o arcibispo de Santiago e ao señor arcidiago de Cornado, ou a seus vigarios deles ou de cada ũu deles, que dem súa licencia e ontrepoñam seu decleto a este concámbeo que valla em juízo e fóra del. E prometemos e outorgamos nós, as ditas partes, de o tẽer, comprir e agardar segundo se em el contem por juramento que fazemos aos Santos Avangeos com nosas mãos tangidas, en presença deste escusador e testemoyas, e so pena de cem coroas d'ouro da moeda del rei de França, que peite por pena a parte que o nom comprir e agardar á outra parte que o comprir e agardar; do qual juramento prometemos nom pidir ausoliçom nem outra restituiçom. E a pena pagada ou nom pagada, toda vía este contrauto de concámbeo fique firme e valla así enno principal como enna dita pena e juramento para todo sempre. Testemoyas: Juam Catoira e Juam Alegre e Fernam Afonso, morador á par do dito moesteiro.

Despois desto, enno dito día sobredito, estando o dito abade enno dito lugar da Obra, presente o dito Gonçalvo Rodeiro, entom o dito abade, comprindo o dito contrauto e concámbeo, poso e apoderou ao dito Gonçalvo Rodeiro enno jur e posisom pacífica do dito casal e herdades sobreditas, segundo que o dera ao dito Gonçalvo Rodeiro, e leixou ao dito Gonçalvo Rodeiro enno dito jur e posisom dos ditos herdamentos. E logo o dito Gonçalvo Rodeiro recebeu os ditos herdamentos a jur de paz e sem embargo e contradita dita algúa, e leixou ennos ditos herdamentos a Juam Fernandes, lavrador que estava presente, que ficou porlo dito Gonçalvo Rodeiro e de sua mão e posisom enno dito lugar. Testemoyas: Juam Catoira e Juam Alegre e Fernam Afonso, morador á par do dito moesteiro.

Despois desto, dez e oito días do mes de setembro, ante o onrado Gomes Rodrigues, chantre de Tui e cóengo de Santiago, e vigario enno arcidiagado de Cornado por dom Gonçalvo Mariño da Ribeira, bachiller em decletos, arcidiago do dito arcidiagado, en presença de mim, escusador de notario so escrito, apareceu o dito Gonçalvo Rodeiro e mostrou e notificou ao dito chantre de Tui e vigario o dito contrauto de concámbeo, e pedeu ao dito vigario que dese súa autoridade e ontreposese seu decleto ao dito estromento de concámbeo que volvese para sempre. E logo o dito vigario diso que, bisto o dito concámbeo e a pitiçom do dito abade e prior e convento por quanto eles dizíam que era prol e onra e proveito do dito seu moesteiro e convento del, que lle dava e dou logo sua licencia e autoridade, e ontrepos seu decleto para que volvese d'aquí en deante o dito concámbeo e fezese fe em juízo e fóra del para todo sempre. E desto o dito Gonçalvo Rodeiro pediu a mim, escusador, público estromento. Testemoyas: Afonso de Monforte e Fernam Rebolo e Gomes Afonso, clérigos do coro da igleja de Santiago.

Eu, Afonso , escusador por Pero Afonso, notario público da cidade de Santiago, jurado porla igleja de Santiago, a esto que dito he presente foí e confirmei e fiz escrivir por autoridade que para elo ei do señor arcebispo de Santiago dom Lopo, e aquí meu nome e sinal poño em testemoyo de verdade que tal he.


Transferir XMLTransferir texto